actividades,
conferencias,
curso 2018-19
XI Xornada de Orientación Laboral
A xornada, que cada ano se celebra co lema Os estudos de Administración e Dirección de Empresas: unha titulación con moitas opcións, tivo como obxectivo amosar ao alumnado do grao de Administración e Dirección de Empresas e do dobre grao Dereito-ADE, especialmente aos dos últimos cursos, algunhas das saídas profesionais que terán cando rematen os seus estudos. A iniciativa, explicaron os seus responsables, xorde da estreita colaboración que existe entre a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e o Colexio de Economistas de Ourense, colaboración destinada a contribuír a unha mellor formación e a unha maior inserción laboral do alumnado deste centro.
Nesta edición modificouse o formato de conferencia habitual por un café, formato más informal coa pretensión de que o diálogo, indicaron desde a súa organización, fose máis frutífero entre egresadas e alumnado.
Nesta edición modificouse o formato de conferencia habitual por un café, formato más informal coa pretensión de que o diálogo, indicaron desde a súa organización, fose máis frutífero entre egresadas e alumnado.
Estiveron presentes Francisco Javier Sánchez Sellero, vicedecano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, e Guillermo Díez, decano-presidente do Colexio de Economistas de Ourense, o colexcio profesional convidou a tres profesionais tituladas en Administración e Dirección de Empresas para contar a súa traxectoria desde que remataron os seus estudos e as características do traballo que realizan na actualidade. Trátase de Luiba Yanara Rodríguez, que relatou a súa traxectoria profesional e o traballo que actualmente realiza en administración dunha empresa; Ainhoa Mateo López, que é traballadora por conta propia; e Eva Gloria Fernández, que exerce como economista. As tres detallaron para as e os asistentes como foi a súa busca de emprego unha vez rematada a carreira, os cambios de traballo vividos, as dificultades atopadas ou como ven elas actualmente o mercado laboral, facendo fincapé en detalles que puidesen ser de utilidade para o alumnado presente.
0 comentarios