Novas
Cargando...
, ,

Xornada sobre Hostalaría e Sociedade

Share on Google Plus


A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebrou este martes 18 do 12 de 2018, unha nova xornada da súa iniciativa Hostalaría e sociedade. Despois da participación o pasado curso de Daniel Guzmán e Julio Sotomayor, do restaurante Nova, e de Aser Álvarez, de Casa Galeguesa, nesta ocasión os convidados foron Francisco Domínguez, propietario do Café Pacífico, e o seu cociñeiro Noel Fernández. Ambos falaron da súa experiencia de transformación dun negocio hostaleiro familiar.


Según explicou Javier Sánchez, vicedecano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, a xornada estivo especialmente organizada pensando no alumnado do Grao en Turismo, que conta con materias nas que se aborda a xestión da restauración, a xestión de destinos de interior e a planificación e xestión de espazos turísticos. 
Ao longo da súa intervención Francisco Domínguez explicou as orixes, a historia e a evolución do negocio familiar Café Pacífico desde a súa creación ata chegar á actualidade. De pasar de ser “un café clásico” pasou a ter unha oferta baseada nos almorzos, no menú degustación ao mediodía e de brunch as fins de semana.


Ante o cambio de modelo de negocio e gastronómico apuntou como “a resposta da xente está sendo moi boa” pero fixo fincapé en como, ao tratarse “dun proxecto tan persoal haberá que agardar arredor de tres anos para ver se efectivamente o modelo é rendible”. Sobre como foi recibida esa evolución xa non externamente senón internamente, ao tratarse dun negocio de orixe familiar, comentou que foi ben recibida xa que “sempre se quere mellorar e todo o que sexa mellorar é benvido”.
Para coñecer a proposta gastronómica de Café Pacífico, ademais do seu modelo de negocio, o alumnado tivo a oportunidade de probar algunhas das elaboracións que ofrecen nel e dar a súa opinión ao respecto.  

Entradas relacionadas

0 comentarios

Séguenos no Facebook