actividades,
conferencias,
congresos,
curso 2018-19,
Elena de Prada,
featured,
internacional
IX International Week 2019
26 marzo FCETOU
O martes 26 de Marzo, tivo comenzo na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense a celebración da súa IX International Week 2019, cita que permite a alumnado e profesorado do centro compartir unha semana de actividades formativas e lúdicas con profesorado procedente de diversas universidades europeas e suramericanas e alumnado procedente da Universidade xermana de Bremerhaven.
A cita inicióu a sĆŗa programación contando coa participación de arredor de 80 estudantes de Ciencias Empresariais e Turismo, 15 estudantes da Universidade de Bremerhaven e unha vintena de profesores e profesoras de Portugal, Francia, Croacia, AlemaƱa, Brasil e HungrĆa.
Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, foi a encargada de darlles a benvida, xunto a Elena Rivo e Elena de Prada, responsable de Internacionalización da facultade organizadora, manifestando o seu desexo de que profesorado e alumnado visitante aproveite a sĆŗa estadĆa en Ourense non só para o enriquecemento acadĆ©mico senón tamĆ©n para o cultural e deportivo.
Na primeira xornada de actividade, a nosa alumna Andrea EstĆ©vez recibiu o seu certificado como primeira en acatar o tĆtulo de dobre grao en Administración e Dirección de Empresas por ambas Universidades, de Vigo e Bremerhaven.
Gerhard Feldmeier, vicerreitor da Universidade de Bremerhaven, foi o encargado de facer entrega Ô egresada ourensÔ da certificación oficial da súa institución académica, que se suma Ô que xa tiña da Universidade de Vigo e que pecha a consecución do dobre grao.
MarĆa Isabel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da Universidade de Vigo foi a encargada de felicitar, en nome proprio e do reitor, Manuel Reigosa, Ć” egresada e aos responsables acadĆ©micos polo Ć©xito desta iniciativa e deu a benvida ao alumnado e profesorado estranxeiro presente na IX International Week.
Pola sĆŗa banda, Elena Rivo, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, amosou a sĆŗa satisfacción por pechar os seus seis anos de mandato Ć” fronte deste centro con este acto. Rivo subliƱou “como para chegar aquĆ houbo moito traballo detrĆ”s do equipo”, explicando como “foi necesario dar docencia en inglĆ©s, elaborar un proxecto de internacionalización e chegar a acordos con dĆŗas estruturas administrativas diferentes”.