Novas
Cargando...
, , , ,

Beca International Summer School (Bremerhaven)

Share on Google Plus



Un centenar de estudantes das universidades de Vigo e Bremerhaven e docentes de cinco países participaron durante toda esta semana na sétima edición da International Week 2017, unha actividade organizada pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense co obxectivo de potenciar cada curso a súa faciana máis internacional. 

A cita rematou este venres co anuncio por parte dun vicerreitor da institución académica alemá da concesión ao centro dunha bolsa para que un estudante da facultade ourensá asista de balde á escola internacional de verán da Universidade de Bremerhaven.



Elena Rivo, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, foi a encargada de recibir o compromiso da bolsa de mans de Gerhard Feldmeier, vicerreitor da Universidade de Bremerhaven, nun acto que contou tamén coa participación de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense. 

 

Segundo explicou Feldmeier, a bolsa, valorada en case 2000 euros, permitirá a un estudante, elixido pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo ourensá, ampliar os seus coñecementos e experiencias “no ambiente internacional” que se vive na escola de verán da universidade alemá, que se celebra durante unha quincena do mes de agosto e que conta coa participación de alumnado dos diferentes continentes. 



A iniciativa anunciada estes venres, apuntou o vicerreitor alemán, dá "continuidade á larga colaboración" que existe entre a súa institución académica e a Universidade de Vigo. Deste xeito, alén da celebración da International Week, na actualidade ofrécese un grao internacional en Administración e Dirección de Empresas pola University of Applied Sciences Bremerhaven e pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo, que permite a cinco estudantes do centro ourensán realizar o último curso na Hochschule Bremerhaven e a outros cinco estudantes alemáns facelo mesmo nas aulas ourensás.

Entradas relacionadas

0 comentarios

Séguenos no Facebook