Novas
Cargando...
,

Conferencia: A percepción dos prezos dos productos e servicios

Share on Google Plus


A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo celebrou, o lúns 10 do 9 de 2018 a conferencia A percepción dos prezos dos productos e servicios, ofrecida por Jorge Pelegrín, profesor da Área de Comercialización e Investigación de Mercados da Universidad de La Rioja.
O acto extra-académico, coordinado polo profesor do centro José Antonio Fraiz, foi o primeiro aberto ao público interesado que se celebra no centro. Ante un público composto maioritariamente por profesorado aínda que tamén con presenza de alumnado, Jorge Pelegrín ofreceu unha sesión na que intentou amosar as claves que guían a determinación dos prezos por parte das empresas. 
“O vendedor sabe o que vende pero os compradores non teñen tan claro que é o que están a mercar”, explicou Jorge Pelegrín. Esa “asimetría de información”, apuntou, é a que permite ás empresas manipular os prezos para obter os beneficios necesarios, para ter a marxe de beneficios que buscan. Coa chegada de Internet e a posibilidade de que as e os consumidores comparen prezos e produtos, esta asimetría, sinalou o profesor, “diminuíu pero segue existindo”. A pesar de toda a información e valoracións dispoñibles na rede, lembrou, que a ou o comprador teña a percepción de que fixo “a mellor compra” segue a ser un reto tanto para consumidores como para empresas.

O concepto de prezo, recalcou na súa intervención ante o público asistente, “é complexo e multidimensional” e son diferentes os camiños existentes para “xogar” con el, para modificalo. O éxito das empresas que incluso en época de crise económica conseguen aumentar as súas vendas, apuntou Jorge Pelegrín, está en que “comprenden os prezos e coñecen a segmentación dos consumidores”, adaptándose aos seus segmentos e non intentando que os segmentos se adapta a eles. Así, lembrou, crise económica non é igual nin a caída das vendas nin a venda de produtos de baixo prezo.

Entradas relacionadas

0 comentarios

Séguenos no Facebook