coming_soon,
curso 2016-17,
Elena de Prada,
internacional,
premios
Beca International Summer School (Bremerhaven)
23 mayo FCETOU
Un centenar de estudantes das universidades de Vigo e Bremerhaven e docentes de cinco paĆses participaron durante toda esta semana na sĆ©tima edición da International Week 2017, unha actividade organizada pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense co obxectivo de potenciar cada curso a sĆŗa faciana mĆ”is internacional.
A cita rematou este venres co anuncio por parte dun vicerreitor da institución académica alemÔ da concesión ao centro dunha bolsa para que un estudante da facultade ourensÔ asista de balde Ô escola internacional de verÔn da Universidade de Bremerhaven.
Elena Rivo, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, foi a encargada de recibir o compromiso da bolsa de mans de Gerhard Feldmeier, vicerreitor da Universidade de Bremerhaven, nun acto que contou tamĆ©n coa participación de Virxilio RodrĆguez, vicerreitor do campus de Ourense.
Segundo explicou Feldmeier, a bolsa, valorada en case 2000 euros, permitirĆ” a un estudante, elixido pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo ourensĆ”, ampliar os seus coƱecementos e experiencias “no ambiente internacional” que se vive na escola de verĆ”n da universidade alemĆ”, que se celebra durante unha quincena do mes de agosto e que conta coa participación de alumnado dos diferentes continentes.
A iniciativa anunciada estes venres, apuntou o vicerreitor alemÔn, dÔ "continuidade Ô larga colaboración" que existe entre a súa institución académica e a Universidade de Vigo. Deste xeito, alén da celebración da International Week, na actualidade ofrécese un grao internacional en Administración e Dirección de Empresas pola University of Applied Sciences Bremerhaven e pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo, que permite a cinco estudantes do centro ourensÔn realizar o último curso na Hochschule Bremerhaven e a outros cinco estudantes alemÔns facelo mesmo nas aulas ourensÔs.





